lunes, 2 de marzo de 2009

O BNG mantense no centro urbano do Porriño pero perde votos nas parroquias


Para Obdulia Diniz e Raúl Francés non foi unha noite tan alegre como na de 2007.

Tras as eleccións autonómicas que acaban de ter lugar, o alcalde nacionalista Raúl Francés pasou de 2.900 votos nas anteriores Municipais aos 2.040 votos nas Autonómicas de onte. Ante estes resultados, terá que desmontar ese equipo bloqueiro que non lle leva a ningunha parte.

Francés tamén vai ter que dar conta dos 2.080 votos obtidos polo BNG do Porriño nas Autonómicas de 2005 que representan unha diferenza de 900 votos menos que nas municipais de 2007.

Aínda que xa sabemos que non son o mesmo as Municipais que as Autonómicas, dá a impresión, a xulgar polos resultados, que Raúl Francés só traballa para as Municipais. Imos que non lle importan moito as autonómicas!

Cos resultados de onte só cabe concluír que se mantén no centro urbano do Porriño. Curioso porque o PP noutros sitios como Vigo gañou nestas autonómicas en voto urbano fronte ao tópico repetido ata a saciedade de que os seus votos estaban no rural.

Con todo, no Porriño o "voto urbano" está nas parroquias. BNG e PSOE gañaron no centro urbano quizá porque só traballaron desde o goberno na zona urbana.

Isto é un paradoxo. Será voto urbano no Porriño os votos das parroquias e non o do centro urbano?

Así as cousas, habería que facer novos intentos de desaloxar ao BNG que goberna en minoría do goberno do Porriño.

Cos desastrosos resultados do BNG en xeral en Galicia, hai que ir facendo sitio ao nacionalista Kiko Paz Antón que terá que volver ao Concello, mentres goberne Francés.

Fonte: vigometropolitano.com