Toda a actualidade de O Porriño
A Concellaría de Benestar Social do Concello do Porriño informa que as persoas interesadas poden formalizar tanto a súa renovación na actual Galescola en funcionamento en Torneiros, como a súa preinscrición para a nova Galescola da rúa Doantes de Sangue.
O prazo de reserva e renovación para as crianzas que estiveron matriculadas na Galescola de Torneiros no curso 08-09; así como para as súas irmás e irmáns; e as fillas e fillos das persoas traballadoras nas Galescolas, remata o 14 de marzo.
Para as persoas que se inscriben por primeira vez, o prazo de preinscrición é do 15 de marzo ao 15 de abril. Todas as instancias deben presentarse na Galescola de Torneiros (rúa Ribeira-Torneiros s/n), de 10:00 a 14:00 en horario de mañán, e de 16:00 a 20:00 horas en horario de tarde.
A listaxe provisional de admitidas/os e excluidas/os publicarase do 15 ao 30 de maio, existindo un prazo de reclamación de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. A listaxe definitiva de admitidas/os e excluidas/os farase pública entre o 15 e o 25 de xuño.
Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, das Galescolas, e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, así como na páxina web deste (www.igualdadebenestar.org).
O prazo de matrícula será do 26 de xuño ao 10 de xullo. De non formalizar matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.
Fonte: apeneira
TDT de pago e Alta Definición focalizaron o interes do IV Congreso ProTDT
de ASIMELEC
-
*TODO SOBRE A TDT NO O PORRIÑO, MOS, SALCEDA DE CASELAS E TUI*
ASIMELEC celebrou o pasado xoves 7 de maio a IV edición do seu Congreso
Internacional de Tel...
Hace 16 años