martes, 31 de marzo de 2009

Vecinos de Atios piden igualdade ao edil de Obras nas normas de Porriño

Toda a actualidade de O Porriño

A parroquia denuncia que Unión Fenosa non respectou os 5 metros para colocar dous postes

A asociación de veciños de Atios critica a actitude do responsable de obras do Concello de Porriño, con esta parroquia. Segundo aseguran, na visita á obra de Torre-O Castro atopáronse con dous postes de Unión Fenosa, en substitución duns vellos, colocados a 4'5 metros do eixo do camiño cando a eles se lles esixe unha distancia de cinco metros para obrar. Unha situación que segundo os veciños coñecía o edil Pedro Pereira, ao acudir á zona o pasado 22 de febreiro.

Fonte: Faro de Vigo
Artigo orixinal: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009033100_3_311851__Comarcas-Vecinos-Atios-piden-igualdad-edil-Obras-normas (edición en castelán)

Rematou o programa Fogares Verdes no Porriño

Toda a actualidade de O Porriño


Vintecinco familias do municipio participaron desta experiencia de aforro enerxético e de auga, desde que alá polo mes de outubro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e o Concello do Porriño puxeran a andar este programa de educación ambiental, dirixido aos fogares coa finalidade de concienciar e informar acerca dun consumo responsable.

Realizáronse tres charlas-obradoiro nas que se abordaron temas como a calefacción, a auga quente, a iluminación, o consumo en espera, etc. Ao longo destos meses, as persoas participantes recibiron diverso material de apoio didáctico, manuais de boas prácticas e fichas de consellos de aforro; así como un pequeno kit de aforro formado por unha lámpada de baixo consumo, un economizador de auga para a billa e un redutor de caudal para a ducha.

A grande implicación e interese das persoas participantes, levou as educadoras ambientais a ter que facer un cuarto encontro non previsto inicialmente. Os resultados finais foron moi positivos. Na maioría dos casos as familias aseguraron ter adoptado hábitos de consumo máis responsábeis nos seus fogares. Unha enquisa realiza ao remate do programa puxo de manifesto diferentes aspectos. Así, ás familias participantes pareceulles doado aforrar auga ou sustituir as lámpadas incandescentes polas de baixo consumo, mais resúltalles costoso aforrar enerxía eliminando os aparellos en stanby, por exemplo.

A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “Con esta acción formativa quixemos involucrar á cidadanía no fomento dun consumo enerxético responsábel nos fogares. Desde o Goberno do BNG seguimos a traballar no campo da educación ambiental, poñendo en marcha un ambicioso programa de cursos nas parroquias; ou con proxectos como este de Fogares Verdes ou o de Compostaxe Caseira, de aproveitamento da materia orgánica xerada con residuos domésticos, tamén en colaboración con ADEGA”

Fonte: A peneira da Louriña
Artigo orixinal: http://apeneiradalourina.wordpress.com/2009/03/30/rematou-o-programa-fogares-verdes-no-porrino/

A feira do mel no Porriño esquiva a escasa produción

Toda a actualidade de O Porriño

O Porriño acolleu a Feira Apícola das Rías Baixas (ver vídeo):

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Se non pode ver o vídeo pique eiquí

A 21 edición da feira do mel do Porriño conseguiu reunir onte a numerosos visitantes, a pesar da escasa produción deste ano. Para salvar ese contratempo a organización compensou a parte gastronómica do evento con numerosas conferencias sobre todo o relacionado co mundo da apicultura. A feira congregou varios postos na zona peonil da contorna do Concello nos que se ofrecían distintas variedades de mel, desde as máis selectas ás máis básicas, ademais de suculentas receitas.

Fontes: Informativos CRTVG
La voz de Galicia

Artigos orixinais: http://www.agalega.info/videos/?emi=6630&corte=2009-03-30&hora=19:56:24&canle=tvg2

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/30/0003_7622414.htm?idioma=galego

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/30/0003_7622414.htm?idioma=galego (edición en castelán)

Un incendio ameaza varias casas no Porriño

Toda a actualidade de O Porriño

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Fonte: Informativos CRTVG
Artigo orixinal: http://www.agalega.info/videos/?emi=6618&corte=2009-03-30&hora=14:10:19&canle=tvg1