lunes, 16 de marzo de 2009

Sánchez Presedo pregunta por un expediente da UE ao Concello de Porriño

Toda a actualidade de O Porriño

O PSOE local pedirá a Francés explicacións sobre o Aula da Natureza destruída

O europarlamentario socialista Antolín Sánchez Presedo presentou unha pregunta no Parlamento Europeo para coñecer o alcance da investigación da oficina europea de loita contra a fraude (OLAF) sobre a desfeita do Centro de Interpretación da Natureza das Gándaras, informaron onte desde o grupo municipal socialista de Porriño.

O grupo municipal socialista porriñés anunciou tamén que o seu grupo pedirá ao alcalde, Raúl Francés, que dea explicacións por escrito sobre a situación aberta por mor da investigación europea ao concello porriñés pola situación de abandono do Centro de Interpretación da Natureza das Gándaras, que supuxo un custo de 400.000 euros, e que nunca chegou a inaugurarse.

Os socialistas afirman que, o concello debe explicar por que se chegou a esta situación e cales serán as consecuencias económicas para as arcas locais.

Reingreso de fondos
O PSOE informa que a oficina europea de loita contra a fraude abriu un expediente para aclarar que ocorreu e pedir o reingreso das cantidades investidas pola Unión Europea en Porriño, o que pode ter importantes consecuencias para as arcas municipais da localidade. Os socialistas porriñeses entenden que Raúl Francés, alcalde desde 2003, un ano despois de que rematasen as obras e responsable da área de medio ambiente desde entón ata esta lexislatura, debe explicar por que non se fixo caso aos grupos que pedían facer fronte á deterioración do Centro e polo a funcionar entón.

Fonte: farodevigo