Toda a actualidade de O Porriño
Manuel Carrera: ”É moi importante que cun goberno do Partido Popular na Xunta e na Deputación, o concello de O Porriño sexa tamén gobernado polos populares”
Manuel Carrera, presidente do Partido Popular de O Porriño, quere expresar, “en nome de tódolos concelleiros e no seu propio, as mostras de agradecemento a tódolos colaboradores e simpatizantes polo seu traballo e esforzo realizado na campaña electoral, un labor que permitiu que o PP fose a forza máis votada no municipio acadando a maioría absoluta”. “Trátase dun resultado moi importante para o concello de O Porriño, onde o Partido Popular non goberna dende hai seis anos”, sinala Carrera, polo que “é un orgullo saber que Porriño segue a ser un pobo de dereitas, onde tódolos veciños nos amosan o seu apoio”.
O PP local pasou de rexistrar 4.091 votos (o 45,87%) nas eleccións autonómicas de 2005 a 4.957 (o 49,53%) o pasado un de marzo, o que supón un aumento do 3,66%. Do mesmo xeito, o nivel de participación tamén creceu considerablemente respecto hai catro anos, chegando ao 72,56%, “un voto masivo de simpatizantes que nos xustifica aínda máis”, subliña o voceiro popular.
Neste senso, Carrera invita a que tódolos porriñeses “reflexionen” de cara ás vindeiras eleccións municipais, pois “é moi importante que cun goberno do Partido Popular na Xunta e na Deputación, o concello de O Porriño sexa tamén gobernado polos populares”.
Fonte: apeneiradalourina
TDT de pago e Alta Definición focalizaron o interes do IV Congreso ProTDT
de ASIMELEC
-
*TODO SOBRE A TDT NO O PORRIÑO, MOS, SALCEDA DE CASELAS E TUI*
ASIMELEC celebrou o pasado xoves 7 de maio a IV edición do seu Congreso
Internacional de Tel...
Hace 16 años