viernes, 3 de abril de 2009

Falece un traballador portugués na Granxa ao ser golpeado por un guindastre

Toda a actualidade de O Porriño

Accidente laboral mortal no Porriño:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Se non pode ver o vídeo, pique eiquí

O operario realizaba tarefas de cantería dentro da nave de Irmáns Quintas, no polígono industrial de Porriño, cando recibiu o impacto na cabeza


O furgón fúnebre á súa chegada á nave no polígono industrial da Granxa

Un traballador portugués e residente en Porriño desde fai algún tempo, M.O.P. R. , de 42 anos de idade faleceu onte, mentres traballaba na empresa Irmáns Quintas, no polígono industrial da Granxa, tras recibir un golpe na cabeza co guindastre dun camión da compañía.

Os servizos de urxencias médicas do 061 avisaron ao servizo de urxencias 112 sobre as 16.17 horas pero a actuación dos efectivos resultou infrutuosa. O novo canteiro xa falecera.

Actuación rápida
Ao parecer, o traballador estaría realizando o seu labor no interior dunha das naves desta empresa do sector da construción cando foi golpeado polo guindastre de carga. A pesar de que o 061 acudiu con celeridade ao lugar, a nave 7 da parcela 259 do polígono porriñés, os seus constantes vitais xa eran inexistentes.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, Protección Civil de Porriño e os servizos médicos.

O resto de traballadores da empresa e familiares desprazados ata o lugar viviron con angustia os momentos posteriores á confirmación do falecemento. Con rostros visiblemente afectados permaneceron no exterior da nave cando entrou o furgón fúnebre baixo vixilancia dos axentes da Garda Civil.

Operarios e familiares concentráronse no exterior da nave ata que o xuíz decretou o levantamento do corpo. O cadáver foi trasladado ao hospital Nicolás Pena para practicarlle a autopsia e coñecer a causa exacta da morte.

Fonte: Faro de Vigo

Informativos CRTVG

Artigo orixinal: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009040300_3_313049__Comarcas-Fallece-trabajador-portugues-Granxa-golpeado-grua (edición en castelán)

http://www.agalega.info/videos/?emi=6672&corte=2009-04-02&hora=20:12:23&canle=tvg1

O PP porriñés alerta da ‘perigosidade’ dos residuos fecais vertidos no Polígono da Granxa

Toda a actualidade de O Porriño


Os populares “lamentan que os empresarios alí instalados non reciban os servizos polos que pagan e reclaman ó goberno local que cumpra as súas competencias”

O Partido Popular do Porriño denuncia o mal estado do Polígono de A Granxa, “unha situación lamentable provocada polo descuido e abandono por parte do goberno local, que xa se ven producindo durante os últimos anos”, aseguran.

“Son numerosas as consecuencias desta deixadez do Concello”, sinala Manuel Carrera, presidente dos populares porriñeses, “pero o máis grave actualmente é a presencia de residuos fecais debido a unha infraestrutura deficiente e un mal funcionamento das bombas de desaugadoiro e á falla de mantemento, pois dende o un de xaneiro deste ano rompeuse o contrato coa entidade encargada deste labor”.

“Tendo en conta que todos os empresarios pagan os seus impostos e cumpren as súas obrigas, o Concello debe responder prestándolles os servizos polos que pagan”, asegura Carrera. Por todo isto, dende o Partido Popular de O Porriño “esíxeselle ao goberno local que se responsabilice dos seus labores e cumpra coas súas competencias, aportando unha solución inmediata a este problema que está a provocar grandes danos sobre o medioambiente e unha elevada peligrosidade para persoas e animais”.

Na mesma liña, os populares tamén denuncian o deterioro e a mala imaxe do Polígono a consecuencia da falla de medios. Deste xeito, reclaman o arreglo de farolas, sinais de tráfico e rotondas, así como a colocación de contedores de lixo, o acondicionamento duna zona para aparcar as gabarras e a limpeza xeral das inmediacións do recinto.

Fonte: A peneira da Louriña
Artigo orixinal: http://apeneiradalourina.wordpress.com/2009/04/03/o-pp-porrines-alerta-da-perigosidade-dos-residuos-fecais-vertidos-no-poligono-da-granxa/