martes, 24 de marzo de 2009

Comezan os cursos de consumo e viticultura

Toda a actualidade de O Porriño

Entre os meses de marzo e xuño celebraranse os cursos de viticultura en Cans, Torneiros e Mosende, un de consumo responsable no centro cultural municipal ou de conservas en Chenlo e Cerquido, entre outros. Tamén haberá de champiñones en Budiño, de pan ecolóxico en Carracido e un curso de boas prácticas agrícolas en Pontellas e Atios. Os interesados deben chamar ao 986 335 000.

Fonte: lavozdegalicia
Artigo orixinal: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/24/0003_7609245.htm?idioma=galego

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/24/0003_7609245.htm (artigo en castelán)

Pasarrúas, circo, esceas teatrais e moitas sorpresas máis para celebrar o día do teatro

Toda a actualidade de O Porriño


A compañía Fontevella, nunha actuación o ano pasado no Centro Cultural do Porriño

A Escola Municipal de Teatro de O Porriño, xestionada por Xerpo Cultural, traballa estos días na preparación do Día Mundial do Teatro (27 de marzo). Co gallo desta celebración, o alunado da escola tomará as rúas da vila na tarde do venres 27 de marzo para facer gozar á veciñanza do Porriño con pasarrúas, circo, esceas teatrais e moitas sorpresas máis. O obxectivo deste espectáculo de animación de rúa, é convocar ás veciñas e veciños do Porriño ao acto central que a Escola vai realizar no auditorio do Centro Cultural Municipal a partires das 20.00 horas. Neste acto, o alunado da Escola Municipal de Teatro anticipará ás veciñas e veciños asistentes un resumo das distintas montaxes nas que está a traballar cara a representación de fin de curso; ademáis de dar lectura á mensaxe do Día Internacional do Teatro 2009.

Técnicas
Dentro das actividades específicas organizadas desde a Escola Municipal de Teatro do Porriño ao longo do ano, os días 28 e 29 de Marzo terá lugar o obradoiro monográfico As artes plásticas aplicadas á escena; a cargo do artista e estilista porriñés afincado en Barcelona, onde traballa como director artístico de moda, Jorge Bolado Moo. As persoas interesadas en participar neste obradoiro, que se desenvolverá no local da Escola na rúa Fernández Areal, 30, Baixo, en horario de 17.00 a 21.00 horas o sábado e de 10.00 a 14.00 o domingo; poden formalizar a súa inscrición na oficina da OMIX, no Centro Cultural Municipal.

Fonte: VM
Artigo orixinal: http://www.vigometropolitano.com/news/169/ARTICLE/15061/2009-03-23.html