miércoles, 11 de marzo de 2009

Iván Vaqueiro podería ser Senador se Corina Porro dimite

Toda a actualidade de O Porriño


A morte do suplente de Corina Porro no Senado, podería facer que o socialista porriñés Iván Vaqueiro, quinto máis votado na provincia, entre na Cámara Alta

O secretario xeral do PSdeG-PSOE do Porriño e membro da executiva galega do partido, podería ocupar un sitio na Cámara Alta. O recente falecemento do ata agora suplente de Corina Porro, Ángel Latas, podería obrigar á recén elixida deputada por Pontevedra a deixar o seu posto na Cámara Alta para poder incorporarse a un posto de responsabilidade no novo goberno da Xunta.

O feito de que ao Senado non se vote con listas pechadas, senón á persoa, podería facer que o posto pasara ao quinto máis votado da provincia nas pasadas eleccións xerais, neste caso o socialista porriñés Iván Vaqueiro. Vaqueiro acadou máis de 210.000 sufraxios. O concelleiro socialista evitou facer valoracións sobre a posibilidade de acceder ao posto de senador se finalmente Corina Porro abandona o seu escano por Pontevedra.

Vaqueiro afirmou á A Peneira que é “moi respectuoso co que poida dicir a autoridade competente en materia electoral”. Non obstante, afirmou que si o PP non ten suplente e deixa o escano, o lóxico sería que o ocupase o seguinte candidato máis votado. Así e todo, o socialista rematou afirmando que “segundo a lei, parece claro que Corina incurriría nunha incompatibilidade se é senadora e Conselleira, pero é decisión súa seguir no Senado ou dimitir”.

Por outra banda, todo apunta a que o PP loitará para que o posto quede vacante.

Fonte: apeneiradalourina

No hay comentarios: