viernes, 3 de abril de 2009

Falece un traballador portugués na Granxa ao ser golpeado por un guindastre

Toda a actualidade de O Porriño

Accidente laboral mortal no Porriño:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Se non pode ver o vídeo, pique eiquí

O operario realizaba tarefas de cantería dentro da nave de Irmáns Quintas, no polígono industrial de Porriño, cando recibiu o impacto na cabeza


O furgón fúnebre á súa chegada á nave no polígono industrial da Granxa

Un traballador portugués e residente en Porriño desde fai algún tempo, M.O.P. R. , de 42 anos de idade faleceu onte, mentres traballaba na empresa Irmáns Quintas, no polígono industrial da Granxa, tras recibir un golpe na cabeza co guindastre dun camión da compañía.

Os servizos de urxencias médicas do 061 avisaron ao servizo de urxencias 112 sobre as 16.17 horas pero a actuación dos efectivos resultou infrutuosa. O novo canteiro xa falecera.

Actuación rápida
Ao parecer, o traballador estaría realizando o seu labor no interior dunha das naves desta empresa do sector da construción cando foi golpeado polo guindastre de carga. A pesar de que o 061 acudiu con celeridade ao lugar, a nave 7 da parcela 259 do polígono porriñés, os seus constantes vitais xa eran inexistentes.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, Protección Civil de Porriño e os servizos médicos.

O resto de traballadores da empresa e familiares desprazados ata o lugar viviron con angustia os momentos posteriores á confirmación do falecemento. Con rostros visiblemente afectados permaneceron no exterior da nave cando entrou o furgón fúnebre baixo vixilancia dos axentes da Garda Civil.

Operarios e familiares concentráronse no exterior da nave ata que o xuíz decretou o levantamento do corpo. O cadáver foi trasladado ao hospital Nicolás Pena para practicarlle a autopsia e coñecer a causa exacta da morte.

Fonte: Faro de Vigo

Informativos CRTVG

Artigo orixinal: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009040300_3_313049__Comarcas-Fallece-trabajador-portugues-Granxa-golpeado-grua (edición en castelán)

http://www.agalega.info/videos/?emi=6672&corte=2009-04-02&hora=20:12:23&canle=tvg1

No hay comentarios: