lunes, 9 de marzo de 2009

Dous feridos leves tras envorcar os seus coches no Porriño

Toda a actualidade de O Porriño

Outra persoa resultou ferida nunha colisión rexistrada esta mañá en Nigrán

Dúas persoas resultaron feridas leves tras envorcar os seus vehículos no municipio pontevedrés do Porriño. O primeiro sinistro produciuse sobre as catro da madrugada cando un vehículo envorcou na A-55 á altura do polígono das Gándaras e o seu ocupante tivo que ser trasladado a un centro sanitario de Vigo. Horas máis tarde, pouco antes das nove, outro vehículo envorcaba no municipio e o condutor tamén presentaba feridas leves aínda que esta caso atendéuselle no lugar do accidente.

Na Ramallosa, Nigrán, rexistrábase sobre as nove da mañá outro accidente de tráfico. Chocaron dous vehículos aínda que finalmente só unha persoa necesitou atención médica. Foi trasladada en ambulancia a Vigo para tratarlle de varias contusións.

Un total de 97 persoas tiveron que ser atendidas polos servizos de urxencias sanitarias 061 ao resultar feridas nos 74 accidentes de tráfico rexistrados este fin de semana nas estradas galegas, informou hoxe nun comunicado. Na provincia de Pontevedra rexistráronse 24 destes sinistros.

Fonte: lavozdegalicia.es

No hay comentarios: